RESEÑA
Para cumprir a derradeira vontade de Magda, Papá Tono, Mamá Carme e mailo fillo viaxan das Ribeiras do Sor a Porto Norte con Carmela, que ven preparando unha tese doutoral sobre o rol da muller na familia mariñeira (“O anxo do pescador”).
O Barqueiro, O Vicedo, Viveiro, Celeiro, Xove, San Cibrao, Burela, Foz e Ribadeo… a veciñanza das marismas, co seu rexistro persoal, relata unha crónica que a diario a desmemoria usurpa.
No percorrido pola Mariña luguesa acompáñaos o viaxeiro máis pérfido, a estampa táctil dun litoral lañado de historias, co seu prodixioso legado de portos vogando mar adentro dun destino ancestral: pescar.
A socióloga descobre nas xentes do pobo o pecio dun tesouro perdido, un patrimonio etnográfico coa súa portentosa linguaxe e un corpus de saberes, entreverados en crónicas persoais que o destino escribe con nome e apelidos.
Porto Norte é a crónica veraz da Santa Compaña en carne viva. De amores, humores e mar.
Moitas grazas polo teu libro, Vicente.
ResponderEliminarDende hoxe todos os usuarios da BIBLIOSOÑOS (Biblioteca do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro)poderán disfrutar desta fermosa novela.